lunes, 3 de octubre de 2016

Convocatoria : Buscamos mascota para o Equipo de dinamización da lingua no cole!



Convocatoria : Buscamos mascota para o Equipo de dinamización da lingua no cole!




Convocatoria : Buscamos mascota para o Equipo de dinamización da lingua no cole!

O EDL convoca un concurso para a creación da mascota do equipo de dinamización da lingua do noso cole.
Bases:
Participantes:
Poderá participar todo o alumnado de Educación infantil e Educación primaria do noso centro. 
Só se pode presentar un único traballo por persoa. Cada debuxo deberá ir identificado pola parte de atrás do mesmo debuxo cos datos e o curso do alumno.

Formato:
Os debuxos terán un tamaño A4 e aparecerá o nome do noso colexio enriba da páxina. Os traballos orixinais conservaranse ata a resolución do concurso ( mes de novembro) e poderá ser requiridos para a celebración dunha exposición conxunta nos corredores do pavillón de Educación infantil e de Educación primaria.

Prazo e lugar de presentación:
O prazo de presentación comezará a partir do luns 3 de OUTUBRO e finalizará o luns 7 de NOVEMBRO de 2016.
Cada profesora integrante do PL será a encargada de recoller os debuxos; así pois serán entregados a: Sonia, Ana Salado, Mónica ou Tania.

Xurado:
Estará composto polas integrantes de EDL.
A decisión do xurado é inapelable. Valorarase a orixinalidade e a adecuación do nivel do traballo á idade do autor.

Premio:
De entre todos os debuxos presentados serán seleccionados tres finalistas:
·         Un para Ed infantil e 1º ciclo de primaria
·         Outro para 3º e 4º de Educación primaria e
·         Outro para 5º e 6º de Educación primaria.

O gañador sairá dos tres finalistas.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E MOITA SORTE!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario